21/07/2009

O Encontro de Muros

Hola a todos. Igual a algún xa lle tardaba non encontrar nada no blog, pasados tantos días despois do Encontro de Muros. A verdade é que a mi tamén, pero crédeme, son tantas as sensacións, os recordos frescos, as actividades, e as satisfaccións, que non sabía como empezar. Pero pouco a pouco a cousa empeza a repousar, van saindo crónicas e entradas noutros blogs, e xa un empeza a ter o sosego e a cabeza para ver de contar o aló vivido.
O Encontro de Muros foi precioso. Todo. Impresionante. Xa transmitín a miña felicitación á xente de Muros e o seu entorno e á organización (a todas as organizacións) mediante un comentario entusiasta e sinceiro na Web da Federación. Pero dende aquí quero reiteralo, porque, se o Encontro saiu como saiu foi pola implicación, traballo e ilusión que lle botaron os veciños, coordinados por medio de unha potente rede de asociacións activas e comprometidas, o Concello, o Comité organizador, plural e integrador, as Administracións Públicas que o apoiaron e financiaron, e, como non, os que acodimos alá coas nosas embarcacións ou sen elas. Para todos, a miña máis cordial e entusiasta felicitación con caracter persoal e en nome desta Asociación. A miña felicitación tamén aos compañeiros do Lajareu que participaron tan activamente, e, a pesar da carencia de medios materiais para transportar as dorniñas ata alá, fixeron virtude e mariñeiría da necesidade e as levaron e trouxeron por mar; e a miña felicitación e gratitude a todos os cmpañeiros e amigos que nos que axudaron, sacrificando a tarde do domingo, a transportalas por quendas a remolque dende o Son a Ribeira; felicitacións todas representadas coa foto da cabeceira, da tripulación do Lajareu en Abelleira, posando xunto a Manuel Sendón, presidente o Comité organizador do Encontro.
En outras webs e blogs atoparedes comentarios detallados das diversas actividades que se desenvolveron no Encontro. Eu non vou insistir: só dicirvos que todo saiu estupendamente, que as navegacións foron preciosas, que a organización e os voluntarios nos atenderon impecablemente e sempre cunha boa cara e un sorriso; que así mesmo nos recibiron os veciños da vila, que o ambiente foi inmellorable, e que Muros, a preciosa vila de Muros e as suas xentes, luciron máis bonitas que nunca vestidas de mariñeiras. Din por ahí que a ver como melloramos o de Muros. Pois síntoo: non o melloramos.

Quería comezar a contar como vivimos os mariñeiros do Lajareu a nosa experiencia neste Encontro e non sabía por onde empezar. Unha vez máis inspiroume o blog de Joan Sol, El mar es el camí, poñendo en evidencia o evidente: empezar polo principio. Así, á imaxe deste blog, trataréi de contar o Encontro en entregas, empezando polo principio: A singladura Riveira-Muros-Abelleira, das dornas de Ribeira, seguindo a sua Ruta de Verán.


Unha aperta Suso

15/07/2009

DOCUMENTAL GALIZA EN BREST



Xa hai un ano de Brest08, e hoxe pola noite, á 1:45 h, no espazo Galicia Documental da TVG está programada a emisión dun documental sobre a presenza galega en Brest. Vaia horas para difundir a cultura mariñeria. Pero en fin: alomenos o botan. Como xa sabedes en Brest estiveron a Moura e Xaimiña coas respectivas tripulacións, acompañando a una nutrida representración de barcos e tripulantes galegos. Seguro que vedes algún coñecido e o impresionante espectáculo de miles de barcos tradicionáis e históricos. Así que xa sabedes: avisade á xente que poda estar interesada para que o vexan, que, se non, pasa sen pena nen gloria e ninguén se entera.


Por certo: estade atentos á tele a partir de unha e vinte, que o programa este suele variar bastante de horario e moitas veces empexa antes de tempo.

13/07/2009

REGATA PORTO DE REDES


Acabaron os encontros de Muros. ¡Qué marabilla!. Darán ben que falar e que escribir neste blog e en todos os que tratan da mariñeiría. Gracias, gacias, gracias á organización, a todos os participantes e moi especialmente ao pobo de Muros, e á parroquia de Abelleira que nos recibiron cos brazos abertos, que nos abarazaron de verdade.
Falaremos longo según vaiamos saindo da excitación e da resaca do mar, pero agora mesmo faise obrigado anunciar a regata de Redes. Regata festiva e festa regateira onde as haxa. con sardiñada, churrascada e festa mariñeira. A nos quédanos algo lonxe pero eu recoméndovola vivamente. Aos do Lajareu, que facendo da necesidade virtude, só imos a onde chegamos por mar e a vela, cóllenos un pouco a contramán, pero ver se poñemos algunha dorniña de Riviera por alá ou, alomenos, algún mariñeiro probarlle-las sardiñas. Eu vouno intentar. A´hçi vos vai o programa:
http://www.caamouco.net/portal/cmr-portada/513-vii-regata-de-embarcacions-tradicionais-qporto-de-redesq

Unha aperta Suso