31/05/2007

Calendario de Regatas de Dornas a Vela


Ollo, segundo avisounos Suso, tíñamos un erro no noso calendario, xa que os do Fasquía cambiaran a súa regata para o día 9. A REGATA FASQUÍA NON É PARA O VINDEIRO SÁBADO.

Hoxe o vimos tamén na edición de Arousa de La Voz de Galicia: "Fasquía espera superar o medio cento de dornas no seu trofeo. A proba disputarase o día 9 de xuño e sairá do peirao do Xufre ás catro da tarde. A asociación da Illa tamén estará presente nos Encontros de Embarcaciáns Tradicionais"

Máis abaixo pódese ver o calendario, pero tamén podedes verlo aquí. Se queredes, tamén pódense ver outras actividades da FGCMF como encontros etc. Para iso só tedes que picar en cal xeral.

Se alguén quere apuntarse a algunha das actividades organizadas ca Federación deberá poñerse en contacto ben con nós en lajareu[arroba]gmail.com ou ainda mellor na FGCMF.

Por certo avísannos da FGCMC do seguinte:

Pregamos lle fagades a maxima distribución entre os asociados, AS SAIDAS O EXTERIOR: PORTUGAL, CATALUÑA OU FRANCIA, teñen "bonificación", consideránse como promoción do VIII Encontro e nesa medida ou ben se organiza un transporte colectivo (trailer, como Cadques o Malaga) si fora preciso, que pagaría a FGCMF ou de non darse este caso veríase de pagarlle os que se desplacen os gastos de Kmetraxe, como xa se fixo cando foi do encontro de Cambados.

Lembrar que para o Encontro de Ferrol para embarcacións significativas ou de interés (como minimo) organizaránse transportes para subir (e baixar) a Ferrol, paga o VIII Encontro. Podedes ir dando conta do voso interés para trazar os puntos de carga e descarga. Lembrade que como motivo de celebrarse o Encontro en Coruña unha semán antes, veríamos a conveniencia de levalas primeiro a Coruña, lóxicamente co consentimento do armador.

30/05/2007

Resultados da X Regata de Primavera de Dornas a Vela


Xa podedes ver no Internet os resultados do X Campionato de Dornas a Vela Lajareu por barlovento do ano 2007, que como sabedes gañou a Volandeira con Victor Rincón e José Antonio Alvarez.

29/05/2007

Fotos da quinta regata do X Campionato de Primavera



Xa temos subidas ó web as fotos da última regata do "X Campionado de Primavera de Dornas a Vela Lajareu por Barlovento" do ano 2007. As podedes ver como unha presentación de diapositiva ou cos detalles e comentarios. Son moitas así que tede paciencia.

Na foto, os brillantes campións e tripulantes da Volandeira amosan o seu trofeo.

10/05/2007

Clasificación do X Campionato de Primavera


Poden vostedes ver a clasificación do campionato nesta folla de cálculo.

Como ven a cousa está decidida no primeiro posto, pero os trofeos que ven a continuación haberán de disputarse na derradeira regata do campionato.

Tenme que perdoar pola foto, pero non digan que non temos un bo fotógrafo (ademais de xuíz) que ata se permite facer fotos aéreas.

04/05/2007

Galiza non se vende



Es opinión do que escribe isto, que o libre acceso a ribeira do mar, o seu libre uso, e a paisaxe costeira tamén forman parte da cultura mariña, porque o territorio no que vivimos e no que desenvolvemos as nosas actividades condiciona a nosa vida e o noso xeito de entendela.

Nos últimos anos estamos a ver un como un urbanismo salvaxe e insostible está a comer a nosa terra. Dito urbanismo faise sentir dun xeito especial nas nosas costas, e está a destruír o noso patrimonio cultural, a biodiversidade e a paisaxe.

Aínda é posible desenvolver unha política de ordenamento do territorio respectuosa; por iso, eu o próximo domingo, vou á manifestación en Santiago convocada por moitos colectivos de Galiza. Se os animades, vémonos alá:

Manifestación Galiza Non se Vende: Terra Viva e Vida Digna para todos

6 de maio ás 12:00. Santiago de Compostela

Saída dende a Alameda